jueves. 22.08.2019 |
El tiempo
jueves. 22.08.2019
El tiempo

O PP inspírase en Cerdedo-Cotobade para tratar de gobernar Poio en 2019

Jorge Cubela e Ángel Moldes, minutos antes de comparecer ante os medios. J. CERVERA-MERCADILLO
Jorge Cubela e Ángel Moldes, minutos antes de comparecer ante os medios. J. CERVERA-MERCADILLO

O grupo municipal pon como modelo a seguir a xestión do tamén 'popular' Jorge Cubela na vila fusionada

O presidente e voceiro do grupo municipal do PP de Poio, Ángel Moldes, e o presidente da xestora de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantiveron este luns unha reunión de traballo, na que abordaron algunhas das problemáticas e necesidades comúns de ambos concellos e na que Moldes buscou coñecer os detalles de varias medidas aplicadas en Cerdedo-Cotobade nos últimos meses, en particular en materia fiscal e de xestión, que levaron a este concello a ser "un dos máis atractivos e dinámicos da provincia".

O edil poiense explicou que, con reunións como a de onte, o que se pretende é buscar "un proxecto alternativo e realista" para gobernar o Concello de Poio a partir de 2019. "Queremos que sexa un programa que se pareza aos veciños e dea resposta ás súas demandas reais", explicou Moldes, "pero tamén ten que ser realista e debe poder levarse a cabo", polo que é importante manter reunións con alcaldes e xestores que son referencia na provincia e que tamén demostran como se poden facer as cousas.

Moldes sinalou que Jorge Cubela foi no seu momento o alcalde máis novo de España e demostrou que "a xuventude non é obstáculo para tomar decisións importantes, como as importantes rebaixas de impostos que levou a cabo ou encabezar unha fusión moi positiva para os veciños de Cerdedo e Cotobade".

Ángel Moldes entende que é posible baixar os impostos e que medren os ingresos, tal e como sucede na vila fusionada

O popular entende que a xestión de Cubela deixa claro que "é posible baixar os impostos e que medren os ingresos". Así, mentres Cerdedo-Cotobade reduciu a taxa de lixo a 40 euros por vivenda, baixou a viñeta e mesmo eliminou por completo impostos, o bipartito de Poio "non toma ningunha medida para que as familias poidan aforrar".

Pola súa banda, Jorge Cubela destacou catro grandes rebaixas fiscais que conseguiron un descenso do 7% na presión fiscal no concello fusionado, ata situarse en 190 euros por habitante ao ano, unha das máis baixas da provincia, como a supresión do Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (Icio), para facilitar o asentamento de poboación, e especialmente de familias novas; a rebaixa media do 10% no IVTM ou viñeta; a redución das taxas administrativas, tamén nunha media do 10%, e o importante descenso das taxas municipais, entre as que destacou a de lixo.

Por último, o presidente da xestora de Cerdedo-Cotobade recalcou que Moldes "é unha persoa que coñece Poio parroquia a parroquia e lugar a lugar, e que defende a vila máis alá das siglas".

O PP inspírase en Cerdedo-Cotobade para tratar de gobernar Poio en...
Comentarios