domingo. 07.03.2021 |
El tiempo
domingo. 07.03.2021
El tiempo

O PP recolle a queixa de Casalvito, en Poio, pola falta dunha marquesina de bus

Reunión cos veciños de Casalvito. DP
Reunión cos veciños de Casalvito.
O refuxio para os estudantes leva pedido sete anos. Os nenos chegaron enchoupados ao colexio a semana pasada, polas borrascas

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes, recabou dos pais e nais de Casalvito usuarios do transporte escolar, a petición de que lle trasladara ao Goberno Local a urxencia de que se instale, dunha vez, a marquesina na parada deste núcleo. Trátase dunha demanda veciñal que xa ten varios anos.

A semana pasada, con motivo do tren de borrascas, os rapaces "volveron chegar mollados á clase", explicaron os pais e nais ao PP. "É indigno que os nenos e nenas esperen o bus á intemperie e cheguen a clase enchoupados sen necesidade, especialmente habendo un acordo plenario para instalala", afirma Moldes.

"Hai familias con fillos que remataron o colexio agardando a que repuxeran a marquesina", engadeu, para lamentar "o ímpetu do Goberno de BNG, PSOE e Avante Poio para reclamar refuxios en estradas competencia doutras administracións, mentres que, cando son eles os que teñen que poñer unha marquesina levan máis de sete anos sen atender as demandas dos veciños".

Segundo datos do propio concello de Poio recabados polo PP e expostos xa nalgún pleno, hai unhas 40 paradas de bus sen protección en viais de responsabilidade municipal. O PP solicitou tamén por varios medios a instalación destes elementos en Casalvito e nas paradas que carezan dos mesmos.

Moldes reiterou "o noso compromiso con estes pais e nais" e comprometeuse a seguir insistindo para que como moito antes de que remate o curso "ten que estar instalada esta marquesina", en caso contrario o PP "tomará as medidas necesarias", como acudir á Valedora do Pobo para defender os dereitos dos pais e nais e rapaces ante a falta de resposta do Tripartito "e para que se cumplan os acordos plenarios".

Para o popular non pode haber excusas ante unha demanda tan sinxela: "Habendo vontade política e ganas, ten que haber manerias de repoñer unha marquesina e evitar que os nenos cheguen a clase nestas condicións en medio dunha crise sanitaria".

O PP recolle a queixa de Casalvito, en Poio, pola falta dunha...
Comentarios
ç