Precintan o antigo edificio dun club de alterne polo mal estado da fachada

Tras varios anos en desuso, e acusando un crecente deterioro os cascotes da fachada do antigo edificio finalmente caeron en plena vía pública ► Ata lugar dsprazouse a Policía Local, que tamén interviu nun accidente en Campelo 
O estado do edificio precintado pola Policía Local. PL POIO
photo_camera O estado do edificio precintado pola Policía Local. PL POIO

Tras varios anos en desuso, e acusando un crecente deterioro, os cascotes da fachada do antigo edificio dun club de alterne, situado na Rúa Porteliña de Poio, finalmente caeron en plena vía pública. Ata o lugar tivo que desprazarse a Policía Local de Poio para precintar o edificio e parte da beirarrúa situada ao pé do mesmo, co obxeto de evitar que os peóns se acheguen demasiado á fachada dunha edificación que presenta serios danos tanto na pintura coma na súa estrutura, ademais do óxido xa visible nos balcóns.

O estado do edificio, que non rexistra actividade algunha dende hai varios anos representa actualmente un perigo potencial para os viandantes que transiten a Rúa Porteliña, polo que se deberán extremar as precaucións.

Campelo e o Vao. A Policía Local de Poio interviu tamén nun accidente rexistrado este martes pola tarde en Campelo por saída de vía, no que o condutor deu positivo en alcolemia, con 0,60 miligramos en aire respirado. O mesmo día, unha condutora foi tamén denunciada por conducir pola zona de O Vao con presenza de cocaína, opiáceos e anfetaminas no organismo. A multa imposta ascende aos 1.000 euros e seis puntos do carné.

Comentarios