Preocupación polos adestramentos ilegais do Rally de Pontevedra en Carballedo

Dende a organización da competición indicaron a través dun comunicado que xa se informou á Garda Civil desta situación
Un vehículo de la Guardia Civil. GC
photo_camera Un vehículo de la Guardia Civil, en el lugar del accidente. GC

Varios veciños de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade, manifestaron o seu malestar nas últimas horas ante unha situación de perigosidade derivada da realización de adestramentos e recoñecemento de treitos do Rally de Pontevedra que se celebra esta fin de semana en varios puntos da comarca. Os afectados denuncian que nos últimos días varios coches estiveron circulando a unha velocidade inadecuada polas diferentes estradas e pistas.

Unha das zonas pola que pasará a competición e onde se está dando esta situación é precisamente a EP-0401, onde tamén a pasada fin de semana faleceu nun accidente de tráfico o recoñecido piloto pontevedrés Víctor Magariños, cando se atopaba realizando o recoñecemento oficial do tramo do rally.

Os veciños de Carballedo e doutras zonas polas que pasan tramos da competición fixeron chegar a súas queixas á organización do Rally Pontevedra, que quixo aclarar que de momento descoñecen si se trata de pilotos que competirán no evento deportivo esta fin de semana.

De feito, a través dun comunicado que fixeron público nas redes socias explicaron que levan días recibindo chamadas por parte de veciños "queixándose de condutas irresponsables por parte de vehículos que andan a circular polos treitos do rally".

A organización indica que o pasado mércores foron informados de que se estas condutas continúan a producirse, "o Rally de Pontevedra podría ter en perigo a súa celebración".

"Non sabemos se son equipos participantes ou afeccionados, pero pedímosvos por favor, e polo ben de todos, que teñades respecto polos veciños e respetedes as normas de circulación", indican.

Ademais, a organización aclarou que xa informou á Garda Civil de Tráfico, ás respectivas Policías Locais e aos postos de Seguridade Cidadá da Garda Civil. "Este tipo de condutas o único que conleva e que as administracións cada vez poñan máis trabas á celebración deste tipo de probas", sentencian.

Pola súa parte, algúns dos afectados, principalmente veciños de Carballedo, manifestaron tamén a través das redes sociais o seu malestar ante esta situación xa que, según relatan, moitos destes entrenamentos están a realizarse de noite e a "unha velocidade moi alta", molestando ás vivendas cercanas cos ruídos que provoca o vehículo. Algúns dos veciños explican que esta situación xa se leva repetindo dende hai máis dunha semana e piden que a Garda Civil incida na vixilancia destas zonas polas que pasa o rally.

Cabe destacar que este tipo de adestramentos están totalmente prohibidos ao realizarse fóra do programa oficial.