Memoria Histórica

Presentan en Vilaboa o plan para editar o diario do veciño represaliado José Casal

A Deputación Provincial cooperará coa asociación vilaboesa para publicar os textos ►O acto servirá para que 'A Regaduxa' retome a actividade despois da pandemia

represaliadoVILABOA
photo_camera Imaxe do veciño de Vilaboa. D. P.

O colectivo vilaboés A Regaduxa presentará este domingo o proxecto para publicación do diario que o preso vilaboés José Casal escribiu durante a súa reclusión na Illa de San Simón. O departamento de Memoria Histórica da Deputación apoia esta cita.

O acto servirá para reactivar a actividade do colectivo A Regaduxa. Será ás 12.00 h. no Adro de San Adrián de Cobres e participarán Alberte Blanco Casal, escritor veciño de Cobres familiar de José Casal; a deputada de Memoria Histórica María Ortega e a cantautora Sheila Patricia. 

'A Regaduxa' explica que o colectivo, o diario de José Casal é  "un tesouro" que verá a luz logo da súa cesión por parte da familia á asociación. Trátase dun manuscrito que se publicará en vindeiras datas onde o preso conta as súas vivencias e sentimentos. A intención desta proposta é reivindicar a súa figura, darlle protagonismo á súa familia, e devolver a dignidade a unha persoa da vila cuxa memoria ata o de agora non foi divulgada como debería para dar a coñecer as penurias que moitas persoas coma el padeceron polos seus ideais.

Esta presentación da 'Vilaboa resistente' está aberta ao público e realízase xusto unha semana antes doutra iniciativa na que participa o departamento de Memoria Histórica da Deputación en Vilaboa: o Canteira Fest. Neste festival a Deputación porá en marcha un espazo de memoria destinado a informar e divulgar a memoria entre a xente moza a través de distintas actuacións: música, pintura, obradoiros, charlas e performance teatrais.

Comentarios