O primeiro tanatorio de Vilaboa será unha realidade antes de rematar 2022

Os traballos comezarán "de inmediato", segundo garantiu Juan Perdiz, xerente de San Marcos ► O recinto terá un custe próximo ós 600.000 euros e contará con tres salas velatorias
VILABOA IMPORTANTE O alcalde de Vilaboa Cesar Poza presentara a obra do tanatorio xunto cos responsables da empresa que executara os traballos e a Comunidade de Montes de Vilaboa Convocatoria aberta a redactores e graficos Remitiremos nota post
photo_camera Entre os asistentes á presentación atopábanse o empresario Juan Perdiz; o alcalde, César Poza; e o presidente dos comuneiros, José Luis López. D. FREIRE

Xunto ao cemiterio de Vilaboa, nos terreos nos que en breve comezarán os traballos do primeiro tanatorio do municipio. Ese foi o lugar elixido este venres polo alcalde, César Poza; o presidente dos comuneiros de Vilaboa, José Luis López; e o xerente da funeraria San Marcos, Juan Perdiz, para presentar o proxecto dunhas instalacións que os veciños levan reivindicando máis de 25 anos.

A data exacta de inicio dos traballos depende da crise que afecta ao subministro de materiais, pero segundo indicou Juan Perdiz, "comezarán de xeito inmediato". O obxectivo é que as máquinas estean traballando nas primeiras semanas de 2022 e que a construción sexa unha realidade antes de que remate o ano. "Vilaboa terá un tanatorio moderno, innovador, funcional, cunha estética actual e moi amplo", sinalou o empresario, que cifrou o investimento a realizar en preto dos 630.000 euros, entre a estrutura do inmoble e o acondicionamento da parcela de aparcamento.

O futuro tanatorio contará con tres salas de velación, un amplo espazo común, cafetería, baños interiores e exteriores e diversas salas para ofrecer os servizos necesarios ás familias no momento do falecemento.

O presidente dos comuneiros amosou a súa satisfacción por ter desbloqueado unha situación enquistada desde hai máis de 25 anos, data na que a comunidade mercou tres fincas para permutar nunha operación que non recibiu o respaldo autonómico.

"Agora conseguimos salvar ese escollo e engadir outras tres fincas para reunir unha superficie que supera os 4.000 metros cadrados", dixo José Luis López.

A comunidade de montes, promotora deste ambicioso proxecto, asinou unha concesión a 30 anos coa empresa San Marcos, que será a encargada de executar os traballos para que os veciños de Vilaboa poidan dispor dunhas instalacións que rondarán os 400 metros cadrados construidos.

César Poza, pola súa banda, felicitou aos comuneiros pola súa xestión, nun acto que simbolizou a colocación da primeira pedra dunha obra que rematará cos desplazamentos obrigados que realiza a veciñanza de Vilaboa para velar aos seus defuntos.

"Hoxe arranca para nós un proxecto moi importante para nós e que da resposta a unha vella reivindicación veciñal. Este tanatorio é a proba de que a constancia dá resultado, de que nunca hai que rendirse e moito menos cando se trata de avanzar como sociedade", manifestou.

Comentarios