O programa Descubre Poio retoma os obradoiros para afianzar ó sector do turismo

A Concellería de área aspira a que este ano se poida abordar, con axuda do sector privado, o novo Mapa Turístico de Poio
Un dos encontros promovidos por Turismo. CEDIDA
photo_camera Un dos encontros promovidos por Turismo. CEDIDA

O programa Descubre Poio, dependente da Concellería de Turismo deste municipio, retoma neste mes de xaneiro a súa actividade. A iniciativa ofrece sesións formativas están dirixidas a profesionais da hostalería e da restauración.

Entre as propostas para este 2022, está un ciclo sobre habilidades de comunicación para negocios no Casal de Ferreirós. Ademais, está prevista tamén a convocatoria dunha reunión para abordar a creación do Mapa Turístico de Poio.

O Concello aspira a que este mapa se converta nunha "ferramenta moi importante, a través da cal as persoas que visiten o noso municipio poidan obter información sobre servizos e punto de interese", indica a edil de área, Silvia Díaz.

Outro dos obradoiros será sobre a utilización das novas tecnoloxías no sector, que fará fincapé en cuestións como potenciar a imaxe de marca e acadar unha maior visibilidade e diferenciación en Internet.

Asemade, o 31 de xaneiro haberá unha reunión co obxectivo de que "todas e todos os profesionais que estean interesados en participar acheguen as súas propostas e, deste xeito, sexamos quen de consolidar unha rede de colaboración", explica Silvia Díaz.

A concelleira de Turismo lembra que a mediados de decembro tivo lugar un encontro moi similar. Durante a cita abordáronse diferentes cuestións e suxestións "que poden axudar a impulsar novos proxectos e actuacións que redunden nunha maior consolidación da actividade do sector, especialmente máis alá do verán". Así, nesa reunión propuxéronse temas como a creación de máis espazos de lecer para as crianzas, a organización de rutas turísticas especializadas ou a necesidade de potenciar a Illa de Tambo como recurso turístico unha vez pase a estar xestionada polo Concello..

As persoas interesadas en anotarse nalgunha destas citas poderán facelo chamando ao 625 120 475 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

Díaz agradece o "interese e compromiso do sector loca", que fan posibles iniciativas coma esta. "As institucións públicas e as entidades privadas debemos ir da man para continuar consolidando ao noso municipio como un referente turístico", sinala.

Comentarios