O PSdeG de Cerdedo-Cotobade pide máis ludotecas e que se rebaixen os prezos por participar

Os socialistas tamén proporán outras medidas, como que se recupere Campalledo, o campamento que se realizaba en Carballedo
Los niños que participan en Campalledo en una de sus actividades esta semana. D.P.
photo_camera Unha das últimas edicións de Campalledo. DP

Mentras nalgúns concellos xa se abreu o prazo de inscrición das ludotecas de verán, en Cerdedo-Cotobade aínda non se sabe cantas haberá. O PSdeG pedirá no vindeiro pleno que se axilicen estas iniciativas de conciliación e proporá outras medidas, como que se recupere Campalledo, o campamento que se realizaba en Carballedo, así como unha redución do prezo, que pasou en uns anos de 15 a 40 euros.

A voceira do PSdeG lembra que as ludotecas permiten tamén por en valor o Concello e descubrir os puntos de interese turístico de Cerdedo-Cotobade

O PSdeG insiste tamén en que as clases rematan o 22 de xullo e non se inician ata o 8 de setembro, polo que suxire que as actividades de conciliación deberan extenderse a todo ese prazo, ou ao maior posible, posto que actualmente só se ofertan en xullo e agosto, deixando en total un mes sen actividade lectiva no que non hai ludotecas.

"Estas actividades aportan grandes beneficios para as nosas nenas e os nosos nenos, brindando actividades en contacto coa natureza, lonxe das pantallas e ofrecendo un entorno mais informal que fomenta o xogo libre.  Ademais poñen en valor o noso concello e permiten a familias de toda Galicia descubrir os nosos paraxes únicos, e o noso patrimonio paisaxístico, arqueolóxico e etnográfico", defende a voceira, Lina Garrido.