lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

O PSdeG propón a César Poza para substituír a Costa na alcaldía de Vilaboa

César Poza. CEDIDA
César Poza. CEDIDA

Tomará posesión da acta de concelleiro o 20 de agosto

O PSdeG xa ten candidato para a alcaldía de Vilaboa, para ocupar o cargo que deixou hai uns días Francisco Costa por motivos persoais. É César Poza González (Vilaboa, 1976), que tomará posesión da acta de concelleiro no mesmo pleno no que será proposto para rexedor, o 20 de agosto.

O PSdeG destaca que Poza está curtido na política municipal da man do exalcalde Luís Poceiro, e preséntao como a súa "aposta de futuro". "Aúna experiencia, coñecemento, ímpeto e unha clara vocación de servizo", di. Salienta, nese sentido, o seu traballo á fronte de áreas como cultura, educación, deportes ou novas tecnoloxías en diferentes lexislaturas desde o ano 2005.

Á hora de aceptar a proposta do partido, Poza resalta o gran labor realizado por Costa no seu curto tempo de mandato: "O seu adeus é unha pena, as circunstancias ás veces non te acompañan, pero o seu traballo aí está".

Nesta nova etapa, Poza di ter como obxectivo estar en permanente contacto cos veciños e, nunha lexislatura excepcional debido á pandemia de coronavirus, confía en contar co apoio de todos os grupos municipais. "Nestes tempos, os políticos debemos estar á altura dos cidadáns, e eles esperan de nós ese consenso necesario para sacar adiante aqueles proxectos que melloren o seu día a día", di, para garantir que será un rexedor "dialogante pero firme na toma de decisións".

O PSdeG propón a César Poza para substituír a Costa na alcaldía de...
Comentarios