PSOE e Avante Poio integran unha única candidatura de cara ás municipais de 2023

Gregorio Agís e Silvia Díaz compareceron acompañados do secretario xeral provincial dos socialistas, David Regades
Presentación da candidatura conxunta de PSOE e Avante Poio. BEATRIZ CÍSCAR
photo_camera Presentación da candidatura conxunta de PSOE e Avante Poio. BEATRIZ CÍSCAR

Os máximos responsables dos socialistas de Poio, Gregorio Agís, e da formación independente Avante, Silvia Díaz, compareceron este xoves ao mediodía acompañados do secretario xeral provincial do PSOE, David Regades, para explicar a unión das dúas formacións, que presentarán unha lista única aos comicios de maio. 

A decisión foi validada este mércores en asemblea poñas bases de Avante e anunciada "de inmediato" e "con total transparencia" por ambas formacións para que isto lles permita "poñernos a traballar de inmediato" no proxecto de futuro para Poio.

Os participantes na rolda de prensa declinaron dar datos da composición da lista electoral pero si remarcaron a vontade de traballar "en un proyecto para conseguir una Alcaldía que no es para el PSOE o para Avante, sino para los vecinos y las vecinas de Poio", tal e como explicou David Regades, quen felicitou a ambas forzas pola súa "valentía" ao saber ver que Poio está ante un importante "cambio de ciclo" e unhas eleccións "complicadas" nas que hai que ser "capaces de unirse" e "contar con las personas más preparadas".

Agís destacou a boa sintonía existente con Avante este mandato e a capacidade demostrada por ambss forzas para sacar adiante colaboracións que deron froitos interesantes para a cidadanía, como o programa Poio Confía, no contexto da pandemia, o Plan de Sostibilidade en Destino para conseguir fondos europeos, ou as visitas a Tambo, despois da ter conseguido a cesión da illa. "Avante achegará coñecemento, solvencia e experiencia", apuntou.

Díaz, pola súa banda, destacou que esta medida "permitirá que sigamos transformando Poio" e traballando "desde un proxecto" que ten no centro a veciñanza e as inquedanzas da poboación.