O PSOE de Poio fai a lista das súas propostas de enmendas aos Orzamentos da Xunta

Inclúe melloras viais, o polígono de Fragamoreira e as reivindicacións para a dotación dun novo centro de saúde
Os socialistas, no seu encontro coa deputada Paloma Castro. DP
photo_camera Os socialistas, no seu encontro coa deputada Paloma Castro. DP

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Poio, Julio Casás, e o portavoz do grupo municipal, Gregorio Agís, reuníronse coa Deputada Paloma Castro para preparar as emendas presentadas ao orzamento da Xunta e expor no parlamento os proxectos vitais para o municipio que o PSOE entende que quedan "bloqueados polo PP" ante a falta de fondos. Entre estes proxectos, o PSOE destaca os paseos marítimos de Raxó e Covelo, "bloqueados dende o ano 2.009 e cos que a Xunta incumpre o compromiso de execución adquirido cos propios colectivos que integran a Comisión dos Portos de Raxó e Covelo". 

O PSOE tamén porá o foco no polígono de Fragamoreira, que define como "unha eterna promesa incumprida" da Xunta, que será, cando se convirta en realidade, fundamental para o desenvolvemento económico de Poio e para a xeración de emprego, que o propio xerente de Xestur anunciou que estaría rematada en 2.013.

A lista segue con melloras viais, como as acordadas para a PO-308, entre Chancelas e Combarro e entre Combarro e Fontenla, que non contan con dotación económica ou a mellora no entorno de A Barca, Andurique e Porteliña e a nova estrada do Vao.

A lista non esquecerá as reivindicacións dun novo Centro de Saúde e a mellora da calidade sanitaria do concello, nin o abastecemento e saneamento en Vilariño - Fragamoreira.

Comentarios