A RAG presentará en Cercedo-Cotobade a nova edición de Primavera das Letras 

Este municipio será o 17 de maio sé do pleno extraordinario co que a institución conmemorará o Día das Letras Galegas, dedicado a Antonio Fraguas Fraguas

A executiva da RAG recibiu a visita do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. EP
photo_camera A executiva da RAG recibiu a visita do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela. EP

A presentación da nova edición do proxecto web da RAG Primavera das Letras terá lugar o 28 de febreiro en Cerdedo-Cotobade, segundo acordaron responsables do municipio e da institución académica nun encontro que serviu tamén para abordar a organización do Día das Letras Galegas. 

Este municipio pontevedrés será o 17 de maio sé do pleno extraordinario co que a RAG conmemorará o Día das Letras Galegas, dedicado a Antonio Fraguas Fraguas. 

Segundo informa a institución académica, co propósito de ir perfilando os detalles da celebración, a executiva da RAG recibiu a visita do alcalde, Jorge Cubela, nun acto con presenza, entre outros, do presidente da institución académica, Víctor Freixanes. 

Sobre a iniciativa 'Primavera das Letras', a RAG recorda que se trata dunha proposta que busca facilitar ao alumnado de infantil e primaria "recursos lúdicos e didácticos para achegalos ao universo vital e creador da figura homenajeada cada 17 de maio".

Comentarios