A raíña da ría reclutou a centos de comensais en Poio

A primeira xornada de degustacións da Festa da Ameixa reuniu a moitos comensais desexosos de volver a probar o produto estrela, tras dous anos de pandemia e un longo peche dos bancos marisqueiros da ría ►Musica e animación infantil completaron a programación do primeiro día

Despois dos dous anos sen festas gastronómicas por mor da pandemia, o Concello de Poio recuperou a primeira das degustacións emblemáticas que organiza este municipio: a Festa da Ameixa, que este ano, ademais de desenvolver a súa 34 edición tra-la pausa da crise sanitaria, chega para pechar unha racha de un mes e medio sen poder extraer ameixa da ría nos bancos marisqueiros.

As dúas circunstancias parecen ser as culpables de que a carpa gastronómica da festa se enchera xa este sábado en diversos momentos, acadando cifras de comensais que, segundo o concelleiro de Festexos, Xose Luís Martínez Blanco, "están moi preto dos rexistros que tivemos do ano 2019".

A mediodía pechouse a conta de racións servidas con máis de mil vendas, das que as racións de ameixa superaban as 600. A ameixa á mariñeira foi a máis demandanda da xornada, seguida polas presentacións con fideos e con arroz.A racións custan 9 euros, e por 8,50 poden obterse os pratos con fideos ou con arroz. Como postre, pode tomarse torta de Santiago, por 3 euros a ración, ou ben por 15 se se adquire todo o doce.

A degustación seguiu durante a tarde noite e prolongarase durante a xornada de hoxe desde as 12.00 horas. Na carpa estiveron varios membros da Corporación: o alcalde, Luciano Sobral, o edil de Festexos e mesmo a de Servizos Sociais, Rosa Fernández.

Con respecto á programación, na xornada do sábado a cativada participou nun ameno desembarco pirata polo centro de Campelo, durante a tarde, mentras xa para todos os públicos, ás 20.30 horas desenvolveuse un espectáculo de Música de Taberna na carpa, con Cantanascroas, Orfeón Pontus Veteris e Son das Ondas e a Praza da Granxa acolleu un concerto a cargo da orquestra América de Vigo.

DOMINGO:

A programación combinará a faceta gastronómica coa animación nas rúas, de xeito que a Banda de Música de Arcade dotará de ambientación musical o espazo ás 11.30 e ás 13.00 horas. A degustación, desde as 12.00 horas, estará amenizada pola formación Vides Novas durante a mañá.
Xa pola noite, ás 22.00 horas a orquestra Players de Ferrol será a encargada de despedir o evento.

 

 

Comentarios