Raxó e Samieira compartirán o Festival Chalana

A Concellería de Festexos fixou para os días 2 e 3 de agosto a primeira edición desta convocatoria musical
A Orquesta Panorama e Álvaro de Luna encabezarán o cartel da cita.
photo_camera A Orquesta Panorama e Álvaro de Luna encabezarán o cartel da cita.

O concelleiro de Festexos de Poio, Xosé Luís Martínez, deu a coñecer os detalles dunha das novidades do programa Verán en Poio 2023, o Festival Chalana, que traerá ao municipio dúas grandes actuacións musicais e que se repartirá entre Raxó e Samieira. En concreto, a primeira cita terá lugar o día 2 de agosto na última parroquia, onde haberá un gran espectáculo a cargo da Orquestra Panorama. Unha xornada máis tarde, o día 3, será a quenda de Raxó, a onde chegará o artista andaluz Álvaro de Luna.

O artista Álvaro de Luna.
O artista Álvaro de Luna.

O edil aclarou que o Festival Chalana "manterá a filosofía pola que aposta o Concello de Poio á hora de expandir por todas as parroquias do concello concertos a cargo de músicos e grupos de renome a nivel nacional e internacional". Deste xeito, a iniciativa "amplía a oferta do mes de agosto, xa que entre os días 23 e 27 de agosto terá lugar unha nova edición da Festa do Mar de Combarro", adiantou.

Estas dúas actuacións darán continuidade a outras citas que forman parte do Verán en Poio e que xa están plenamente consolidades, como é o caso do Festival Chalaniña, que se celebrará en Lourido do 27 ao 30 de xullo, cunha programación pensada para as crianzas e para o público familiar.

Xosé Luís Martínez ten claro que apostas deste tipo axudan a dinamizar a actividade turística, comercial e social do concello en pleno verán, reforzando aínda máis a súa imaxe como destino turístico de referencia en Galicia. Cómpre lembrar que o Verán en Poio comezará, como xa é habitual, no mes de xuño, coas tradicionais Festas de San Xoán, que se desenvolverán entre os días 22 e 26 de xuño. As actuacións e concertos prolongaranse ata ata os días 16 e 17 de setembro, cunha nova edición da Festa da Ameixa.

Comentarios