jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

A recollida de voluminosos en Poio aumentou un 11% durante a pandemia

O Servizo de Recollida evita o descontrol de voluminosos. CEDIDA
O Servizo de Recollida evita o descontrol de voluminosos. CEDIDA

O servizo de limpeza e recollida de residuos do Concello de Poio, que inclúe a retirada a domicilio de restos voluminosos, non só mantivo a súa actividade habitual durante o estado de alarma, senón que mesmo a aumentou. Así queda reflectido nun informe municipal, no que se detalla que durante o primeiro cuatrimestre de 2020 (de xaneiro a abril), rexistráronse un total de 363 chamadas. De todas elas, máis da metade (un 53%, concretamente) foron efectuadas por veciños e veciñas de Poio en marzo e abril. Cómpre lembrar que foi o 14 de marzo cando se decretou o confinamento, mentres que a desescalada non comezou ata o presente mes de maio.

Abril foi o mes no que o servizo estivo máis activo, con 97 actuacións, dúas máis que en marzo. Previamente, entre xaneiro e febreiro recibíronse 171 solicitudes por parte de usuarios e usuarias, un 11% menos que a partir de marzo. De todas estas chamadas, 285 foron realizadas para solicitar a retirada a domicilio de residuos voluminosos, como, por exemplo, colchóns, mobiliario ou electrodomésticos de gran tamaño. Asemade, esta prestación tamén contempla outras opcións, como as solicitudes de contedores para a poda (30 en total).

Neste caso, o confinamento si que se deixou notar, como reflicte o feito de que só se recibisen catro chamadas en marzo e outras tantas en abril. Ademais, no que vai de ano atendéronse 38 avisos, que facían referencia a incidencias detectadas pola cidadanía, como avarías nos contedores ou o aviso da localización dun verquido ilegal.

A recollida de voluminosos en Poio aumentou un 11% durante a pandemia
Comentarios
ç