Regresa o Armadiña Rock a Combarro: será o 20 e o 21 de agosto

Aínda non se confirmou ningún grupo
Festivaleiros na edición do 2018 de Armadiña Rock. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Festivaleros en el Armadiña Rock en 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O Armadiña Rock regresa este verán a Combarro e xa ten data: o 20 e o 21 de agosto. Así o anunciou a Asociación Cultural Deportiva e Medioambiental Armadiña. "Tras un ano de incertidumes e sen poder vivir a música do xeito activo que acostumabamos, a música volverá á Praza da Chousa cun formato adaptado á nova realidade e tendo en conta os protocolos sanitarios correspondentes", indican os organizadores, que non informaron aínda de ningún dos artistas que estarán no festival.

O Armadiña 2021, que conta co apoio do Concello de Poio e está enmarcado dentro da Festa do Mar, "porá o acento nas bandas galegas e terá como prioridade ofrecer un espazo de goce musical e cultural ás persoas sociais da Armadiña e ao voluntariado que ano tras ano constrúe o evento. Isto tamén inclúe as crianzas, que poderán retomar a esencia do Armadiña Kids con obradoiros e moita música". Todas as novidades iranse publicando na páxina web do festival e nas súas redes sociais. 

Comentarios