Desde o Reino Unido, de volta á Lama para emprender na aldea do Pelete

Un lamés emigrado contou cunha axuda da Xunta para crear unha empresa no seu concello
Rafael Pardo (centro), de 36 anos, naceu en México e viviu en Londres. DP
photo_camera Rafael Pardo (centro), de 36 anos, naceu en México e viviu en Londres. DP
Un total de 7.000 euros. Esa é a cantidade que percibiu o empresario Rafael Pardo para poder iniciar o seu proxecto emprendedor na Lama ao regresar de Londres en 2019.

Este lamés, fillo de emigrantes, e que el mesmo decidiu buscar o futuro laboral no Reino Unido a partir do ano 2012, foi escollido polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, para facer visible a liña de Axudas ao Retornado Emprendedor, que só na comarca de Pontevedra beneficiou a once proxectos.

Antonio Rodríguez Miranda, que contou coa presenza do teniente de alcalde lamés, David Carrera, puido coñecer in situ o proxecto de Rafael Pardo, que, tras adquirir experiencia e acadar unha carteira de clientes no mercado internacional, decidiu que a súa consultoría especializada en márketing e produción de contidos podía establecerse perfectamente na aldea do Pelete, onde está a súa casa familiar.

Tal e como explicaron este luns no encontro, as axudas solicitadas ao abeiro deste plan, permitiron que o empresario se fixera co equipamento necesario para a posta en marcha das instalacións.

"Donde esté con un ordenador o un móvil, allí está mi oficina", comentou este luns o empresario, despois de ter recibido aos responsables da Xunta, "de modo que me fue fácil cumplir con la idea que siempre tuve de poder regresar a Galicia", indica.

"Con respecto a las ayudas", sostén Rafael, "ha sido sencillo presentar las solicitudes, ni necesité nada extraordinario. Lo hice con la ayuda de mi asesoría de siempre, Fuentes, y no tuve mayor dificultad". Tampouco o contacto cos clientes parece verse afectado polo traslado á Lama "en realidad, lo más frecuente es reunirse ya por Zoom o por cualquier otra vía digital y no es extraño poder hacerlo desde aquí o desde cualquier punto del mundo", engade.

A firma, Raphsomar, está pensada cunha filosofía que entronca co aprendizaxe deste emigrante que é fillo á súa vez de emigrantes e naceu en México DF. "No vamos a las empresas a vender nuestro producto, sino que preguntamos cuáles son los problemas. La consultoría, lo que intenta es resolver los problemas de la empresa, y siempre hay herramientas para hacerlo", explica Rafael Pardo. Estas ferramentas poden incluír a creación de contidos orixinais, a elaboración de imaxes e reportaxes para redes sociais nos que poñer de relevo as vantaxes do produto ou a elaboración de audiovisuais con drons, pero, como el explica, "a veces el problema es la internacionalización o la falta de conocimiento para llegar a más mercados. Eso es lo que tuve la suerte de aprender fuera y, al venirme antes de que se produjese la pandemia, ahora lo puedo ofrecer a las empresas de aquí", conclúe.

Comentarios