miércoles. 14.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 14.04.2021
El tiempo

Os Reis Magos de Barro irán a cabalo e os de Ponte Caldelas, en vehículos clásicos

Melchor, na cabalgata de Ponte Caldelas do ano pasado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Melchor, na cabalgata de Ponte Caldelas do ano pasado. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Dende as alcaldías piden que se extremen as precaución e que ningún veciño se achegue a eles durante o traxecto

A comarca xa ten todo a punto para a chegada dos Reis Magos aos municipios. Dende o Concello de Barro, anunciaron que as Súas Maxestades de Oriente percorrerán as parroquias montados a cabalo, nunha ruta deseñada para que poidan chegar a todos os lugares do municipio. Dende o Goberno local animaron á veciñanza a escoller un lugar do itinerario para velos, e lembraron a necesidade de "extremar as precaucións", xa que "ninguén se pode achegar aos Reis Magos, e tampouco poderán tirar caramelos": 

A comitiva Real pasará o día 5 de xaneiro dende as 15.00 ata as 18.00 horas polos lugares do municipio seguindo esta orde: Lombo da Maceira, San Amaro, Bretoña, Outeda, estación da Portela, igrexa de Agudelo, Madalena, Piñeiro, Porráns, Triabá, igrexa de Perdecanai, Outeiro e Pazo da Crega. O Goberno local pediu á veciñanza que os vexa "dende espazos amplos, xa que hai moitos ao longo do traxecto". 

Pola súa parte, en Ponte Caldelas, os Magos de Oriente pasearanse en vehículos clásicos descapotables cedidos polo Clube Amigos dos Vehículos Antigos, tamén o día 5, nunha comitiva custodiada pola Policía Local, que este ano substitúe á tradicional Cabalgata polo casco urbán.

Tras ser recibidos no Concello polo alcalde, Andrés Díaz, os Magos pasarán dende as 11.35 ata as 13.40 horas nesta orde por: Pazos, Forzáns, Caritel, A Esfarrapada, Anceu, Barbudo, Chaín, Regodobargo, Silvoso, Insua, A Roca, Rebordelo, Praza de España e Laxoso. Logo dunha parada para o xantar, dende as 15.05 ata as 17.10 horas percorrerán Caldelas, Paradela, Gradín, Parada, Taboadelo, Xustáns, Baltar, A Reigosa, Vilarchán, Contixe, Mirón, Buchabade, Tourón, Cuñas e rematarán o traxecto no casco urbán de Ponte Caldelas.

Os Reis Magos de Barro irán a cabalo e os de Ponte Caldelas, en...
Comentarios
ç