Rematada unha traída para 30 casas de Viascón

O Concello achegou 37.000 dos 50.000 euros que custou esta nova dotación
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela inspeccionou o temate dos traballos. GONZALO GARCÍA
photo_camera O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela inspeccionou o temate dos traballos. GONZALO GARCÍA

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e o tenente de alcalde, Fernando Vázquez, inspeccionaron o remate dos traballos de construción do depósito regulador de auga de 64.000 litros que abastece á comunidade de usuarios de augas de Liñeiriños cun investimento total duns 50.000 euros dos cales o Concello aportou unha axuda de 37.000 euros e o resto correu por conta dos veciños beneficiarios desta traída que preside Manuel Nieto. Esta nova infraestrutura de abastecemento de auga permitirá dar servizo a unha trintena de vivendas dos lugares de Cuiñas, Camiño Novo e Cabanelas na parroquia de Viascón.

Este novo depósito regulador conta cunha capacidade total duns 64.000 litros e dispón dun panel fotovoltaico que permitirá subministrar a enerxía eléctrica suficiente para iluminar o interior do habitáculo e poñer en marcha un sistema de cloración que permita garantir a salubridade do subministro ás 30 vivendas enganchadas á traída veciñal de Liñeiriños.

O rexedor destacou o valor de ir legalizando as traídas e contar con apoio de profesionais para obter resultados coma este.

Comentarios