O represaliado Francisco Varela recupera o bo nome diante do seu pobo

O Pleno apoiou por unanimidade a proposta de restitución da memoria defendida polo seu neto neto

O pleno de restitución, celebrado o venres no salón de plenos de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade. Á. P.
photo_camera O pleno de restitución, celebrado o venres no salón de plenos de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade. Á. P.

Acto de xustiza política en Cerdedo-Cotobade no salón de Plenos do Concello para recuperar o bo nome de Francisco Varela Garrido, veciño de Cerdedo que foi represaliado polo sistema franquista, fusilado no ano 37 e que a instancias do seu neto, o xornalista e escritor Fernando Salgado Varela, conta cun certificado asinado polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática no que se anulan as causas da súa condena a morte, declarando a ilegalidade dos tribunais que a dictaron.

O Concello acolleu o Pleno ordinario, convocado como extraordinario no que, como décimo punto da orde do día, se espuxo a petición da familia de Pancho Varela para que, facéndose eco do acordo asinado polo Ministerio, o Pleno declarase a proposta de recoñecemento e reparo persoal do que fora exsecretario do Concello de Cerdedo e tamén xuíz do mesmo.

Mediante este recoñecemento asúmese formalmente que Francisco Varela foi asasinado e perseguido polas súas ideas políticas e o seu posicionamento contrario ao alzamento, e non condeado por un presunto delicto de "rebelión militar".

No acto puido tomar a palabra en primeiro lugar o propio Fernando Salgado, quen adicou dez minutos a facer unha completa exposición, primeiro dos acordos adoptados polo Ministerio de Política Territorial y Memoria Democrática, polos que se recoñece como "ilegal e ilegítimo el tribunal que juzgó a D. Francisco Varela Garrido, así como los jurados y cualesquiera otros órganos penales o administrativos que, a partir del Golpe de Estado de 1936, se hubieran constituido para imponerle, por motivos políticos, ideológicos, de conciencia o creencia religiosa, condenas o sanciones de carácter personal, así como la ilegitimidad y nulidad de sus resoluciones".

Tamén adicou tempo o xornalista a enumerar, un a un, aos membros daquel tribunal, cuxos nomes, entende, deben ser sinalados agora por ter contribuído ao sanguento desenlace da guerra civil e do periodo posterior. Citou a Numeriano Mathé y Pedroche, Ramón Rivero de Aguilar, Antonio Fontenla Romero, Pedro Gil Crespo e José Pérez Arda, así como Luis Gómez Pantoja e Victoriano Pérez Llovera. Ademais mencionou ao xeneral de División Nicolás Rodríguez-Arias, quen presidiu o Tribunal Militar de Valladolid que ratificou o fallo, cos vogais Luciano Conde-Pumpido Tourón, Francisco Fermoso Blanco, José María Gámez y Fossi, e Emilio de la Cerda y López Mollinedo, responsable de varios campos de trabajos forzosos de Andalucía. Varela entende, e así o dixo ao rematar o acto, que estes nomes e os dos actores da represión deben ser os seguintes en sinalarse dentro do proceso de recuperación da Memoria Histórica. Do mesmo xeito sinalou no Pleno que tamén "as empresas que se beneficiaron dos traballos dos presos e se enriqueceron nesta etapa deberan, como no caso de Alemaña, pagar con sancións aquilo que fixeron". Falou tamén o alcalde para dar lectura ao acordo plenario, declarar a ilegalidade da condena e solicitar a votación do Pleno para o acordo. Algo que o propio Cubela calificou de "innecesario" á vista da xustiza da proposta.

BNG e PSOE coincidiron en aplaudir a iniciativa e desexar que máis familias de persoas represaliadas polo franquismo poidan seguir este exemplo e conseguir os documentos que ratifican as condeas inxustas daquela etapa.

Comentarios