Rezar pola unidade de España? O BNG quéixase da oración do cura de Quireza

Fronte ao texto os nacionalistas instan á Igrexa "a evitar exortacións de medo que nos leven aos tempos das cunetas"
Igrexa d Quireza
photo_camera Igrexa de Quireza. D. P.

Unha misa en Quireza o pasado domingo está creando polémica na veciñanza desta parroquia e de Cerdedo-Cotobade. Este venres foi o BNG o que lamentou a situación producida no acto, no que foron repartidas oracións "por España" entre os feligreses.

O BNG considera califica o acto como "longa sombra franquista".

TEXTO REZO
Texto do Rezo. CEDIDA

A formación "condena expresamente o reparto de panfletos na igrexa de Quireza nos que se chama a dividir á veciñanza en bós e malos sen respecto algún á independencia ideolóxica e cun desprezable tufo de lembranza á terríbel represión sufrida nas terras de Cerdedo e no conxunto do concello". 

O texto en cuestión pide literamente: "Señor Jesús: Guarda a España de todo peligro, y fortalécela frente a toda adversidad, guía a los españoles en el fulgor de tu luz, protege a nuestras Fuerzas Armadas, defiende a nuestras Fuerzas de Seguridad, preserva la unidad de la nación y ampáranos bajo el manto de nuestra madre Inmaculada y con la intercesión del apóstol Santiago, patronos del pueblo español. Líbrala de sus enemigos, confunde a sus adversarios y convierte a nuestra patria España en una antesala de la Patria Celestial".

Fronte a este texto, os nacionalistas instan á Igrexa "a se achegar á realidade social do pobo a prol da diversidade política e sexual e a traballar pola igualdade das mulleres en aras da convivencia e o respecto democrático así como a evitar exortacións de medo que nos leven aos tempos das cunetas".

Comentarios