Despois do seu paso por Pontevedra, a rodaxe da serie de Bambú Producciones para Amazon, Un asunto privado, chegou este xoves ao casco histórico de Combarro. O núcleo poiense recibiu baixo a característica choiva do inverno galego ao equipo da xa popular serie protagonizada polo actor francés, de orixe española, Jean Reno (Léon , el profesional) e a actriz Aura Garrido (El Ministerio del Tiempo).
Deste xeito, os calexóns máis populares da serie que está a levantar expectación ao seu paso polo sur galego, polos seus característicos decorados de época, poderanse ver en Un asunto privado, que o xoves provocou cortes de tráfico e do tránsito peonil en varias zonas do núcleo entre as 9.30 e as 21.30 horas. Ademais, na Avenida da Cruz, na PO-308, reservouse unha extensión duns 120 metros aproximadamente para o estacionamento exclusivo dos vehículos da rodaxe.
A concelleira de Turismo, Silvia Díaz, agradeceu aos responsables da serie que "elixiran Combarro para que forme parte deste proxecto tan ambicioso".