Rouban plantas e macetas á virxe do Carme de Campelo por valor de 700 euros

A Policía Local pide colaboración cidadá para dar co autor do furto
A Policía local, na zona, onde xa se repuxeron algunhas macetas. CEDIDA
photo_camera A Policía local, na zona, onde xa se repuxeron algunhas macetas. CEDIDA

Varios veciños alertaron do roubo de plantas e macetas situadas na praza da Granxa de Campelo, en Poio, onde o monumento á virxe do Carme. A sustración produciuse a noite do pasado mércores e os feitos puxéronse en coñecemento da Policía Local de Poio.

As seis plantas, que tiñan un valor de 700 euros, foron doadas hai anos e estaban ao coidado e salvagarda da xente de Campelo.

Varias veciñas presentaron unha denuncia ante a Policía Local, que traballa para poder identificar o suposto autor dos roubos e localizar as plantas e macetas que supostamente foron roubadas. Para iso solicitan a colaboración cidadá.

Comentarios