Rueda garante que fortalecerán a alianza da gastronomía e o turismo

O presidente da Xunta asegurou, onte na súa visita ao restaurante Pepe Vieira en Poio, que o Goberno galego continuará a fortalecer a asociación destes sectores de calidade en Galicia
O presidente da Xunta na súa visita ó restaurante Pepe Vieira.
photo_camera O presidente da Xunta na súa visita ó restaurante Pepe Vieira. EFE

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou este sábado o compromiso da Xunta en continuar traballando por fortalecer a alianza da gastronomía e turismo de calidade en Galicia. Así o manifestou durante a visita que realizou en Poio ao restaurante Pepe Vieira, co gallo da consecución da segunda estrela Michelin o pasado mes de novembro.

Na liña de actuacións do Goberno galego cara o fornecemento da gastronomía e o turismo de calidade, Rueda resaltou os máis de 30 millóns de euros que a Xunta de Galicia executará entre este ano e 2025 para actuacións no campo da enogastronomía e a posta en valor dos territorios vinícolas. Nesta mesma dirección, tamén subliñou o vencello da alta cociña co Camiño de Santiago na consecución das cifras récord de turistas deste ano.

Galicia xa alcanzou seis millóns de visitantes no 2022 a falta de engadir os turistas desta ponte de decembro. Nesta liña o presidente apuntou as iniciativas como as Rutas do Viño de Galicia e puxo en valor aquelas accións que asocian o Camiño e o Xacobeo ao turismo de calidade.

Na consecución destas cifras récord de turismo, Rueda considerou importante a contribución da gastronomía de calidade con "recoñecementos internacionais" como os que ten recibido o cociñeiro Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, ao que o presidente da Xunta de Galicia felicutou pola súa "moi merecida" segunda estrela Michelin.

Precisamente, enxalzou os vencellos entre o Camiño de Santiago coa cociña de alta calidade como factor a ter en conta no incremento do número de visitantes a Galicia.

De feito, Rueda recordou que Galicia contará o vindeiro ano con 18 estrelas Michelin, un número que o presidente da Xunta indicou que reflicte a creatividade, a vangarda e a potencia da cociña galega. "Temos unha pequena constelación de restaurantes dunha enorme calidade", aseverou o Alfonso Rueda. Nesta afirmación fai referencia a que dos 325 establecementos Q de Calidade turística existentes na comunidade de Galicia, 80 son de restauración.

A última cociña do mundo
Xosé Cannas presentou o pasado mes unha completa mostra culinaria como parte do seu último proxecto. Este levaba cinco anos xestándose e participaron expertos de todo tipo. A súa finalidade era seguir mellorando a experiencia na cociña e levar a gastronomía galega ó top mundial.

A proposta do cociñeiro dá a coñecer unha completa experiencia culinaria con lingüaxe propia. As novas técnicas que se poñen a proba parten de empregar as raíces e a cultura galega na cociña. Outros proxectos Para Pepe Vieira este ano foi o máis potente de toda a súa carreira. O cociñeiro tamén envolto nun proxecto dun hotel en formato Galpóns.

O estreno será en xaneiro e segundo o equipo que conforma o restaurante, estes galpóns ubicados dentro das lindes do complexo culinario esperan ofrecer unha experiencia gastronómica redonda.

Comentarios