Casey Driessen, Xosé Liz e Hugo Franco actúan este venres en Ponte Caldelas

Será este venres ás 17.00 horas
Casey Driessen. DP
photo_camera Casey Driessen. DP

O estudo de gravacións Maxistral de Xustáns, en Ponte Caldelas, recibe este venres a visita dun violinista que é un referente, tanto no fiddle (violín tradicional folk) como no bluegrass (xénero raíz das músicas tradicionais americanas). Trátase de Casey Driessen, un músico americano afincado en Valencia, onde dirixiu o master de Producción Contemporánea do Campus Berklee.

Coñecido por ter actuado con ducias de autores deste estilo e por participar na BSO do biopic sobre Johny Cash 'Walk the line', Driessen ofrecerá unha clase de fiddle e chopping (percusión co violín) ás 17.00. A súa cita con Xustáns acabará cunha cea e un concerto acompañado por Xosé Liz (SondeSeu) ao bouzouki e Hugo Franco (Dagda) á guitarra. As prazas resérvanse en Galicia Fiddle.

Comentarios