San Breixo recupera o pulso do pobo nunha edición multitudinaria

Centos de fieis déronse cita en Barro para os actos relixiosos en honor ao patrón do municipio
San Breixo
photo_camera Procesión de San Breixo en una de las ocho misas celebradas ayer. D. FREIRE

O patrón de Barro, San Breixo, reencontrouse cos seus devotos esta fin de semana. Aínda que as misas e peregrinacións xa se celebraron desde o sábado e a programación recuperou fitos como a Festa dos Nenos, celebrada o xoves, o domingo volveu a ser o día grande.

O templo acolleu misas cada hora desde as 10.00 e ademais das procesións e doativos, non faltaron os exvotos e ofrendas. As comidas campestres, os postos de churrasco e polbo, e o resto das tradicións tamén se cumpriron como antes da pandemia.

San Breixo 2
D. FREIRE

A última liturxia celebrouse ás 20.00 horas e, pola noite, Saudade e Sildavia protagonizaron a verbena. Como este festexo nunca remata sen a comida da amizade, os veciños e veciñas quedan emprazados para o día 8 na reunión gastronómica, na que se despedirá oficialmente esta edición.

Comentarios