domingo. 05.07.2020 |
El tiempo
domingo. 05.07.2020
El tiempo

O San Xoán de Poio celebra o seu día grande con música e moita precaución

A corporación municipal recibiu á banda de música, que ofreceu un concerto no adro do Mosteiro de Poio despois da misa.
A corporación municipal recibiu á banda de música, que ofreceu un concerto no adro do Mosteiro de Poio despois da misa.
A banda de música de Arcade, que congregou a boa parte da veciñanza no adro do Mosteiro, foi recepcionada polas autoridades

O patrón de Poio non quedou sen celebración. Se ben o día grande de San Xoán estivo marcado onte polas medidas de prevención, que confiaron en todo momento na responsabilidade cidadá, a base de máscaras protectoras e distanciamento social, non faltou o característico ambiente festivo que arrodea á tradicional misa das 12.00 horas.

A misa, acto central do día, conseguiu encher o interior da igrexa do Mosteiro, onde o distanciamento social evitou masificacións ao longo do acto litúrxico, que descorreu con tranquilidade. Pouco antes de comezar a misa tivo lugar o momento estrela da xornada: a recepción da banda de música de Arcade, que amenizou o vermú, por parte das autoridades. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, e o edil de Festexos, Xosé Luis Martínez Blanco, xunto aos membros da corporación municipal, saudaron á banda. A nota simpática do día púxoa o alcalde, que inaugurou o turno de saúdos ao director xuntando os cóbados.

A alborada polas parroquias a cargo de agrupacións locais e o ambiente festivo no adro do Mosteiro foron os ingredientes perfectos para que a veciñanza gozara dun día de celebración moi necesario tras o confinamento.

Pola tarde, ás 20.30 horas, a falta de verbena, os veciños e veciñas asistiron á actuación da escola de acordeóns de Campelo, que trasladou a celebración á Praza da Granxa. Os actos continúan hoxe coa misa de Santa Trahamunda, música e o espectáculo infantil.

O San Xoán de Poio celebra o seu día grande con música e moita...
Comentarios