O Sergas manterá aberto o servizo de enfermería no ambulatorio de Raxó

A Xunta dispón de enfermeira e PSX pero non haberá médico salvo que apareza a un última hora un substituto

Entrada do centro de saúde de Raxó. DP
photo_camera Entrada do centro de saúde de Raxó. DP

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés anunciou este venres que manterá aberto o ambulatorio de Raxó, en Poio, para dar cobertura de enfermaría de Atención Primaria.  Tamén garante a dispoñibilidade de Persoal de Servizos Xerais (PSX) e así garante a asistencia durante o período vacacional do facultativo que presta servizo neste centro. No entanto, non haberá médico agás que apareza a un última hora un substituto

O Servizo Galego de Saúde lembrou, a través dun comunicado, que a súa prestación de Atención Primaria no Concello de Poio tamén dispón de cobertura tanto no centro de saúde de Anafáns coma no consultorio de Combarro.

"A Administración Sanitaria Pública galega compatibiliza o deber de prestar asistencia sanitaria co dereito dos profesionais ao seu descanso vacacional e mantén a súa planificación estratéxica, administrativa e organizativa permanente para tratar de aportar substitutos nas coberturas estivais dos efectivos de Atención Primaria en Poio", explican. 

A decisión de pechar 15 días o ambulatorio de Raxó desata as protestas en Poio

O Servizo Galego de Saúde comunicou o xoves aos responsables do Concello de Poio a decisión de pechar o ambulatorio de Raxó durante 15 días durante as primeiras semanas do mes de xullo, por falta de persoal. A medida farase efectiva desde o vindeiro luns.

O alcalde, Luciano Sobral, tivo constancia desta decisión tras recibir unha chamada por parte do xerente da EOXI do Salnés e considera que se trata dunha medida "que supón un agravio moi grande para a nosa veciñanza e para as persoas que nos visitan durante o verán, froito da política da Xunta de Galicia de non cubrir as vacantes que deixan os profesionais á hora de coller vacacións e días de lecer".

Comentarios