O Sergas realizará un cribado en Barro os próximos 3 e 4 de maio

Serán citadas 1.460 persoas de entre 30 e 64 anos
Una sanitaria realiza una prueba PCR a una mujer. EFE
photo_camera Unha sanitaria realiza unha proba PCR a unha muller. EFE

O Sergas realizará un cribado entre a poboación de Barro os vindeiros días 3 e 4 de maio despois de que se detectasen novos casos de coronavirus nos últimos días tras varias semanas sen contaxios.

O obxectivo deste cribado é detectar posibles casos asintomáticos entre a poboación que vai desde os 30 ata os 64 anos, para evitar posibles trasmisións do virus de persoas que poideran estar infectadas sen ter coñecemento.

O cribado vaise realizar o luns 3 e o martes 4 de maio no pavillón municipal de Santo Antoniño entre as 15:30 e as 20:30 horas, e serán citadas por parte do Sergas 1.460 persoas de entre 30 e 64 anos mediante vía telefónica.

O alcalde, Xosé Manuel Fernánde Abraldes, agradeceu a realización deste cribado no concello. "É bo facer estas probas para detectar posibles casos asintomáticos e evitar o espallamento dos contaxios", defende.

O alcalde anima a todas as persoas que van ser citadas a "que asistan, pois este tipo de probas son moi importantes, xa que a detección de posibles casos asintomáticos é fundamental para cortar de raíz o avance da enfermidade".

Comentarios