miércoles. 25.11.2020 |
El tiempo
miércoles. 25.11.2020
El tiempo

O servizo de socorrismo de Poio remata a tempada estival con 173 intervencións

Un socorrista na praia da Cabeceira, en Lourido. CEDIDA
Un socorrista na praia da Cabeceira, en Lourido. CEDIDA
Non se rexistraron incidencias de gravidade, a excepción do rescate dun bañista na praia de Xiorto, na parroquia de Raxó, que sufriu unha indisposición mentres se atopaba na auga

A temporada estival rematou en Poio coa finalización do servizo de vixía nas praias de Lourido e Xiorto (Raxó), que comezou a finais de xuño e concluíu hai uns días. Durante este tempo, os socorristas levaron a cabo un total de 175 intervencións, 33 das cales tiveron lugar durante as primeiras semanas deste mes de setembro. As altas temperaturas e o bo tempo rexistrados durante as dúas primeiras semanas animaron aos bañistas a gozar ata o último intre do verán dos areais.

Así, en Xiorto contabilizáronse 19 incidencias e 14 en Cabeceira. As máis habituais foron por feridas de diferente consideración (14 en total), ás que hai que sumar dez picaduras de vespa (cinco en cada praia), cinco de fanecas e outras tantas tomas de tensión. Neste tempo non se rexistrou ningunha incidencia grave, algo que resultou unha tónica durante boa parte do verán, a excepción de casos puntuais, como o rescate en Raxó dun bañista que sufriu unha indisposición mentres se atopaba na auga.

Cómpre lembrar que este ano o mes no que se rexistrou un maior número de incidencias foi xullo, con 96, unha cantidade sensiblemente superior á de agosto (56, un 41% menos). Esta baixada probablemente foi debido ao empeoramento das condicións meteorolóxicas nese mes, especialmente durante os últimos 15 días. Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, foron seis os profesionais contratados pola Administración municipal para contar con este servizo en estas dúas praias, a través do sistema de concurso por quenda libre. Apostouse por incorporar a persoas en situación de desemprego, inscritas no Servizo Público de Emprego como demandantes non ocupados.

Conclúe así unha tempada estival nas praias de Poio que tamén estivo marcada polo contexto derivado da crise sanitaria da covid-19. Deste xeito, o Concello procedeu á instalación de paneis informativos nos arenais aptos para o baño. Ademais, a Policía Local realizou roldas de vixías para velar polo cumprimento das medidas de distanciamento e aforo decretadas para frear a expansión do virus.

O servizo de socorrismo de Poio remata a tempada estival con 173...