Silvia Díaz, exconcelleira do BNG, presenta a formación Avante Poio

O colectivo chega co "obxectivo de participar nas vindeiras eleccións municipais de maio do 2019"

Silvia Díaz Iglesias. ADP
photo_camera Silvia Díaz Iglesias. ADP

Coas eleccións municipais moi próximas, son moitos os veciños que conducen as súas inquedanzas sociais e económicas cara a política. En Poio sucedeu algo similar e este sábado nace Avante Poio.

O colectivo preséntase nun comunicado como unha entidade "formada por veciñas e veciños que decidimos dar un paso adiante, conscientes da necesidade que existe no noso concello de contar cunha nova opción política".

Aínda que como cabeza visible do proxecto atópase Silvía Díaz Iglesias, exconcelleira do BNG.

Outra das medidas que promoven desde Avante Poio é "a limitación da alcaldía e tenencias de alcaldía a dous mandatos

Entre as principais liñas de actuación que presenta a formación destacan as de "desenvolver políticas que garantan unha identificación plena da veciñanza coa nosa cultura, elevar a calidade de vida e a convivencia baixo criterios de transparencia e igualdade".

Outra das medidas que promoven desde Avante Poio é "a limitación da alcaldía e tenencias de alcaldía a dous mandatos forma parte do noso programa".

Avante Poio ten como obxectivo presentarse nas eleccións municipais de 2019.

Comentarios