Sons de Barro volve reunir quilos de alimentos na Nave da Música

A actuación da Coral Polifónica de Barro. R. FARIÑA
photo_camera A actuación da Coral Polifónica de Barro. R. FARIÑA

A Nave da Música de Barro volveu a acoller unha nova edición de Sons de Barro, unha proposta desenvolta polo Concello en colaboración cos principais grupos do municipio para recadar alimentos cos que engrosar os fondos de axuda dos Servizos Sociais.

Na cita deste domingo actuaron o grupo folclórico Amor Ruibal, a Banda Xuvenil de Barro e tamén a Coral Polifónica de Barro. A entrada simbólica a este evento era un quilo de alimentos imperecedeiros e as achegas non faltaron posto que ducias de asistentes quixeron gozar co bo facer das agrupacións máis senlleiras de Barro.

Comentarios