Soutomaior comeza a facer realidade a ampliación das prazas de aparcadoiro

As 20 prazas de Rua da Forneira xa están en uso, mentras que o Concello remata os trámites para poder crear 50 en Xosé Solla

undefined
photo_camera O estacionamento de 20 prazas posto en marcha en Arcade. D.P.

O Goberno local de Soutomaior deu, estas semanas, os pasos para facer realidade unha das principais promesas do seu programa electoral: solucionar a escaseza de prazas de aparcamento no municipio, en especial, na zona central de Arcade.

Así o anunciou o equipo de Manu Lourenzo, que estima que se poderá contar en breve cunha primeira remesa de 75 novos estacionamentos en virtude a dúas xestións que se están completando nestas xornadas.

Por unha banda, existe xa unha nova zona de aparcamento gratuíto que está ubicada na contorna da rúa Forneira. Trátase dun espazo que está habilitado con 20 novas prazas de aparcamento e que xa está dando servizo tanto aos espazos de restauración como as zonas de lecer e que se ubica tamén preto da entrada da Galiña Azul de Arcade.

Ademais, hai unha segunda liña de actuación consistente tamén na habilitación dun espazo cedido, na que se actuará na Rúa José Solla, nunha das zonas máis comerciais do municipio onde, en actualidade só a rotación do espazo mediante a Zona Azul consegue aliviar a presión por aparcar. Estas novas xestións permitirán dotar o espazo de 60 novas prazas, incrementando ata 100 o total das dispoñibles.

Os traballos avanzan a bo ritmo e tanto o alcalde, como o edil de Urbanismo, Pablo Garrido, confían en que en verán estén listos. Hai tamén xestións para acadar outras cesións na mesma parte de Arcade que permitirán, no caso de chegar a bo termo, dotar outras 50 prazas nun periodo medio de tempo.

O edil Pablo Garrido quixo "agradecer a colaboración e axuda dos propietarios das parcelas que cederon de maneira desinteresada e gratuíta os seus terreos para mellorar o día a día e a vida á veciñanza do noso concello, o aparcamento da Forneira xa está habilitado e o de Xosé Solla estará listo para este verán".

Comentarios