Soutomaior declara as praias do Peirao e Matilde 'libres de fume'

O Concello vén de acondicionar os areais de cara á Semana Santa cunha campaña de limpeza a man
Traballos de limpeza nos areais. DP
photo_camera Traballos de limpeza nos areais. DP

O Concello de Soutomaior vén de acondicionar os seus areais de cara á Semana Santa, na que este ano os visitantes atoparán unha grande novidade. E é que os dous areais máis concorridos do municipio, as praias do Peirao e Matilde, acaban de ser incluídas na Rede Galega de praias sen fume, unha iniciativa do Sergas para promover unha vida sen tabaco e desnormalizar o seu consumo.

Pero que non se alarmen os fumadores. A rede de praias sen fume, que conta coa colaboración de 66 concellos galegos con 162 praias, sostense baixo a premisa da prohibición de fumar pero, a pesar diso, non existe vixilancia nin sanción por se alguén decide facelo, xa que a iniciativa ten carácter educativo, e o seu obxectivo é sensibilizar á sociedade. Neste sentido, apélase á responsabilidade persoal de cada veciño, recalcando a importancia de evitar conductas nocivas dos adultos ante os máis pequenos. "Se trata de una iniciativa que quiere desnormalizar el consumo de tabaco en un ambiente tan familiar como la playa, pero no a través del castigo y la penalización, sino de la conciencia cívica de las personas. Estoy convencido de que acabará siendo un éxito y un ejemplo más del buen comportamiento y responsabilidad social de los vecinos", aifrmou o alcalde, Agustín Reguera.

Ademais desta novidade, durante as últimas semanas o Concello desenvolveu traballos de mantemento nos catro principais areais do municipio de cara á Semana Santa, cunha campaña de limpeza a man por parte de varios operarios do Concello, que retiraron restos e sedimentos depositados polo mar durante o inverno, principalmente restos de artes de pesca rotos, latas, bolsas e gran cantidade de residuos vexetais como algas e fraccións de madeira.

As praias fluviais tamén se beneficiaron esta semana da actuación da brigada. No cauce do río Verdugo, onde se asentas as praias fluviais de A Xunqueira e Veiguiña Longa, a brigada municipal procedeu tamén a recoller material orgánico arrastrado polo río durante as abundantes choivas dos últimos meses, e que impedían el pleno goce deste entorno emblemático no municipio.

Comentarios