Stop Velutina suma 108 niños e máis de 1.500 vespas raíñas retirados en Barro

Membros de Stop Velutina Barro cun niño secundario. DP
photo_camera Membros de Stop Velutina Barro cun niño secundario. DP

A Asociación Stop Velutina Barro, pertencente ao colectivo Stop Velutina Umia pediu este sábado máis medios e implicación da Xunta na loita contra as velutinas, das que xa levan capturadio 1.500 raíñas no municipio, onde se retiraron 108 niños no que vai de ano.

"A día de hoxe se levan retirado 108 niños en todo Concello de Barro, e outros 45 en Portas, ademais de 75 en Cuntis, en colaboración cos grupos de Protección Civil de ambos municipios", apunta a asociación, que tamén quere lembrar que "o grupo Stop Velutina Umia retira niños noutros puntos da comarca e arredores como en Poio, Meis, Moraña e Caldas". A asociación pretende facer especial fincapé na falta de medios e apoio autonómico a esta causa nos momentos en que se detecta maior presenza das vespas.

No caso do grupo de Barro que coordina o Primeiro Tenente de Alcalde, José Sanmartín, dende o pasado mes de abril se levan retirado mais de 1.500 raíñas e varios milleiros de obreiras con trampas caseitras fabricadas e colocadas por voluntarios e veciños. Para seguir con esta tarefa, indican que o próximo luns ás 12.30 horas, integrantes do colectivo de Barro ofrecerán un  obradoiro na Ludoteca de Curro. Deste xeito, pretenden ensinar a facer trampas a todos os nenos e que estes llo poidan transmitir aos seus proxenitores para conseguir chegar a máis vivendas e loitar activamente contra a praga.

O grupo Stop Velutina de Barro está formado por dous membros de protección Civil e voluntarios e voluntarias que todos os días saen a retirar niños. Habitualmente, cando se recibe un aviso polo mañá sobre a presencia dun niño de velutina,  pola noitiña xa se vai retirar, sobre todo se está preto das vivendas e ocasiona perigo, xa que, insisten, "a Xunta non toma en serio este problema" e non responde con celeridade ás peticións dos afectados.

Comentarios