Evacuado en helicóptero un menor tras caerlle enriba un portal en Vilaboa

Os servizos sanitarios deron aviso ao 112 Galicia ás 17:30h. deste martes
Helicóptero del 061. ARCHIVO
photo_camera Helicóptero del 061. ARCHIVO

Un neno tivo que ser evacuado en helicóptero medicalizado ao caerlle enriba un portal no concello pontevedrés de Vilaboa.

Os servizos sanitarios foron os que lle deron o aviso ao 112 Galicia, ás 17:30 horas deste martes. A información ofrecida aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi que un menor foi alcanzado por un portal no lugar de Bértola e que a aeronave se desprazaba ata alí para atendelo coa maior brevidade posible.

De inmediato, desde o CIAE-112 informouse á Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Vilaboa e Soutomaior. Estes últimos estiveron colaborando coas forzas da orde para que as manobras de aterraxe e despegue da aeronave puidesen ser concluídas con seguridade.

Comentarios