Unha tixola esquecida no lume causa un incendio nunha vivenda de Poio

Un menor foi trasladado en ambulancia por inhalar fume
A cociña incendiada. POLICÍA LOCAL DE POIO
photo_camera A cociña incendiada. POLICÍA LOCAL DE POIO

Unha vivenda de Poio sufriu danos materiais a causa dun incendio que se produciu no seu interior por mor dunha tixola esquecida no lume.

Os feitos aconteceron na Rúa Avenida da Barca, uns minutos despois das 19.00 horas. Ao lugar acudiu a Policía Local, que confirmou ao 112 Galicia que o incendio fora sofocado.

Unha ambulancia encargouse de trasladar a un menor ao hospital debido a que inhalara fume.