miércoles. 20.11.2019 |
El tiempo
miércoles. 20.11.2019
El tiempo

Todo listo para a celebración da XVII Festa dos Cogumelos de Soutelo de Montes

Verónica Pichel destacou a importancia desta festa como evento de referencia do outono que combina gastronomía e hábitos de vida saudables. ADP
Verónica Pichel destacou a importancia desta festa como evento de referencia do outono que combina gastronomía e hábitos de vida saudables. ADP
A cita terá lugar o próximo domingo, 3 de novembro

A XVII Festa dos Cogumelos, que terá lugar en Soutelo de Montes o vindeiro 3 de novembro, porá a disposición dos asistentes ata 100 quilos de diferentes especies, entre as que se atopan níscalos, lepiotas, cerebritos, champiñóns e boletus. Así o explicou a alcaldesa, Verónica Pichel, logo da reunión mantida a pasada fin de semana cos organizadores da iniciativa. Numerosos veciños de Acevedo, San Miguel de Presqueiras, A Grela, Soutelo de Montes, Vilapouca e San Marcos foron os encargados de facer as doazóns.

O Concello de Forcarei colaborará nesta edición co apoio de Protección Civil e coa a sinalización de vías para a andaina popular e a ruta cicloturista que sairán ás 10.00 horas dende a Praza dos Gaiteiros. As dúas actividades transcorren por tramos do Camiño da Geira e dos Arrieiros. Se ben o itinerario da ruta cicloturista está a concretarse nestes días, no caso da andaina o percorrido de 15 quilómetros transcorre por importantes recursos patrimoniais como O Castro de Garellas, a capela de San Antonio do século XVII, o conxunto etnográfico de Acevedo, así como por dúas pontellas en Vilapouca e Garellas de finais do século XVII.

A Administración local colabora tamén coa difusión da actividade nos taboleiros de anuncios, a colocación de lonas publicitarias na vila soutelana e a posta a disposición do pavillón de Soutelo para o aseo das persoas participantes na ruta. Verónica Pichel destacou a importancia desta festa como evento de referencia do outono que combina gastronomía e hábitos de vida saudables. A rexedora tamén se interesou polos pormenores relacionados co concurso de cestas de cogomelos, que nesta ocasión ten tres premios na categoría de infantil e tres premios na categoría de adulto. A principal novidade será o concurso de fotografía de O Outono na Terra de Montes.

Todo listo para a celebración da XVII Festa dos Cogumelos de...
Comentarios