Martes. 18.06.2019 |
El tiempo
Martes. 18.06.2019
El tiempo

A tradición aínda é festa en Cuspedriños

Chegada no autobús de Cuíña á contorna do mercado. RAFA FARIÑA
Chegada no autobús de Cuíña á contorna do mercado. RAFA FARIÑA

Boa afluencia de participantes e de comerciantes artesáns á XIII edición do evento organizado para rememorar os mellores tempos da Feira de Gando máis emblemático das terras cotobadesas

Venta de produtos artesáns en Cuspedriños. cFacer da tradición unha festa é o máximo obxectivo da Feira de Cuspedriños, que este ano celebrou a súa XIII edición nun bo ambiente marcado pola afluencia de visitantes e polas temperaturas agradables.

Este mercado, que emula a feira de gando que se celebrou nos anos 50 do siglo pasado na aldea cotobadesa, rexurdiu fai algo máis dunha década coa idea de enxalzar a riqueza do entorno natural, no que ademais dunha fermosa carballeira, hai alpendres e construcións feitas especialmente nos tempos do mercado de gando. A feira de Cuspedriños pronto se converteu na festa de época de Cotobade, e goza, aínda despois da fusión, de grande aceptación no concello e na comarca, desde onde acuden cada ano ducias de participantes, algúsn deles ataviados incluso coa vestimenta dos labregos nos anos 50.

A decimoterceira edición con preto de 50 postos, entre os que destacaron os adicados aos produtos relacionados coa cultura popular galega, como os de instrumentos musicais feitos a man, prendas, xoias e adornos, ou ferramentas do agro.

Tampouco faltou nesta edición o importante papel dos postos de produtos da alimentación procedentes, maioritariamente da fabricación artesana. Ademais, e tendo e conta a grande cantidade de visitantes do evento, houbo postos de comidas para os asistentes.

Entre os que acudiron, como cada ano, a esta cita, non faltaron os curiosos, pero tamén os máis fieis, que fixeron parada en todos os puntos de atración tradicionais xa deste evento, como son o posto do fotógrafo, a exposición de coches antigos, o autobús clásico de Cuíña, no que tradicionalmente chegan os gaiteiros que animan o recinto festivo cos pasarrúas tradicionais e con actuacións nos puntos centrais do evento ás horas sinaladas.

A tradición aínda é festa en Cuspedriños
Comentarios