lunes. 21.09.2020 |
El tiempo
lunes. 21.09.2020
El tiempo

A travesía de Tenorio reformarase cun investimento de 800.000 euros

A conselleira Ethel Vázquez durante a visita a Tenorio. DP
A conselleira Ethel Vázquez durante a visita a Tenorio. DP
Este diñeiro sairá dos Orzamentos Municipais do 2020 repartidos entre o Concello e a Deputación 

O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta acometer este ano a humanización integral da travesía interior de Tenorio, formada polo antigo treito da N-541, e que actualmente é a arteria principal da parroquia, cun investimento de 800.000 euros que xa está contemplado nos Orzamentos Municipais 2020, aprobados polo Pleno o pasado mes de decembro.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou recentemente a zona e resolveu aportar 550.000 euros para a obra. Os 250.000 restantes correrán a cargo do Concello, que procederá no sucesivo á redacción do proxecto.

A travesía de Tenorio reformarase cun investimento de 800.000 euros
Comentarios