miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

O TSXG ratifica que o despido dos auxiliares de Policía de Soutomaior foi nulo

Casa consistorial de Soutomaior. GOOGLEMAPS
Casa consistorial de Soutomaior. GOOGLEMAPS
O BNG censura a acción do Goberno en 2019, cando, ante a falta de axentes, botou man de dous axudantes

Novo revés xudicial para o Concello de Soutomaior no ámbito laboral, ao rexeitar o TSXG os argumentos dos letrados da entidade municipal contra anulación do despido dos auxiliares de Policía Local que traballaron para o Concello en 2019.

O BNG local vén de anunciar que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifica a sentenza desfavorable emitida polo Xulgado do Social número 1 de Vigo que declaraba nulo o despido dos auxiliares da Policía Local que exerceron no concello durante o ano 2019, e obrigaba ao Goberno local a readmitir os traballadores, asimilar o seu salario aos das funcións que realizaban (as propias dun axente); pagar os meses nos que estiveron desempregados de xeito improcedente e a facerse cargo das costas.

O novo fallo engade agora que se deben asumir as costas do avogado da parte denunciante.

Os feitos obxecto da polémica sucederon durante a segunda metade do 2019, cando o concello de Soutomaior non contaba con ningún axente da Policía Local no seu plantel, xa que dos tres que dispoñía até xuño dese mesmo ano, dous se atopaban en excedencia desde 2017 e o terceiro se xubilara pouco antes, lembra o BNG. Nesta situación, as funcións policiais foron desempeñadas por dous auxiliares sen consideración de policía que recurriron aos xulgados cando foron despedidos polo Concello.

O concelleiro do BNG, Diego Moreira, afirmou que, "pese a arrogancia do grupo de Goberno no pleno, o TSXG deulle un novo revés", para engadir que "isto non é máis que a confirmación do que xa ven denunciando o BNG desde hai anos: irregularidades en moitos dos trámites realizados neste Concello, a incapacidade para solucionalos e a facilidade para mentir para tentar ocultalos".

O tribunal afirma na nova sentenza que "non é de recibo afirmar que, desde xuño de 2019 e sen axentes de Policía Local en activo no Concello, as súas funcións (dos auxiliares) se restrinxiron ás de auxiliar", recoñecendo os agravios legais cometidos sobre estes traballadores do plantel municipal.

O TSXG ratifica que o despido dos auxiliares de Policía de...
Comentarios
ç