A última proposta do PP de Poio en campaña: un centro deportivo no Monte Castrove

O candidato quere un espazo con sendas, circuito BTT para bicicletas e outras modalidades cos que promover hábitos de vida saudables
Centro deportivo no monte Castrove proposto polo PP de Poio. D.P.
photo_camera Centro deportivo no monte Castrove proposto polo PP de Poio. DP

Antes de iniciar os preparativos da despedida de campaña, o PP lanzou en Poio a súa última proposta electoral, neste caso vinculada co deporte.

O equipo de Ángel Moldes propón a creación dun centro para deporte base e alto rendemento no Castrove, un espazo saudable para toda a familia, onde se poidan practicar distintas modalidades deportivas e facelo en contacto coa natureza e nun entorno inmellorable.

A proposta inclúen rutas, sendas, paseos, circuíto BTT e outras zonas para practicar outro tipo de deportes, relacionados coa bicicleta.


A intención do candidato popular é crear contornas saudables,nas que toda a familia poida practicar deporte e xerar hábitos de vida saudables, con diferentes zonas segundo a capacidade de cada deportista.

Ademais, esta instalación "vai permitir unha maior autonomía dos clubes para poder organizar eventos, campionatos, etc., que contribúan a dinamizar o concello e incluso a desestacionalizar a ocupación hoteleira".

Moldes asegura que si o domingo recibe o apoio dos veciños ao seu proxecto, iniciará un proceso de participación con clubes e deportistas para crear un espazo que dea resposta ás súas propias demandas, xa que eles son os que máis saben e son os que máis teñen que achegar.