martes. 23.07.2019 |
El tiempo
martes. 23.07.2019
El tiempo

Un accidente deixa cinco feridos en Cerdedo - Cotobade

Ocorreu en Figueroa e ata o lugar desprazáronse os bombeiros e unha ambulancia

Membros do Servizo de Emerxencias de A Estrada desprazáronse este sábado ata Figueroa para atender os afectados por un accidente de tráfico por envorcado que tivo lugar neste punto de Cerdedo - Cotobade. Segundo informaron a través das redes sociais, o sinistro saldouse con cinco persoas feridas.

A central de coordinación do 061 Galicia derivou ata o lugar do suceso unha ambulancia e unha bomba urbán lixeira (BUL) dos bombeiros.

Non foi a única intervención dunha xornada na que tamén houbo unha colisión por alcance á altura do Rollo en Santa Cristina de Vea e un incendio nun galpón na parroquia de Callobre, entre outros incidentes.

Un accidente deixa cinco feridos en Cerdedo - Cotobade
Comentarios