Unha veciña de Barro necesita dobre dose de antídoto tras recibir tres picaduras de velutinas

O grupo veciñal de voluntarios alerta da presenza de niños primarios agochados en lugares inesperados

Benigna Cancela, tras ser picada por tres velutinas. DP
photo_camera Benigna Cancela, tras ser picada por tres velutinas. DP

Benigna Cancela, unha veciña de Parada, na parroquia de Portela, en Barro, sufriu ata tres picaduras de avespas velutinas e viuse na obriga de acudir a un centro médico, onde necesitou de dúas inxeccións de antídoto e a aplicación dunha pomada. 

Stop Velutinas Umia informou de que as avespas a atacaron cando estaba coa man apoiada nun muro de pedra. As velutinas estaban agochadas nunha fenda.

O grupo veciñal de voluntarios do Concello de Barro xa eliminou o niño primario este martes pola tarde. Tratábase dun niño primario en estado xa avanzado.

Un niño de avespas agochado nun muro. DPDesde a Asociación Stop Velutina Umia alertan da presenza de niños primarios "onde menos se espera". E por iso piden aos cidadáns "que estreiten a vixilancia para poder avistalos e eliminalos" antes de que pasen ao estado secundario, cando acadan un maior tamaña e son moito máis difíciles de retirar.

Comentarios