miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Veciños de Raxó quéixanse da crecente presenza de cans na praia de Xiorto

Playa de Xiorto. GSV
Momento de la detención.
Asegura que "es como una perrera" e que é imposible descansar porque "todo son ladridos"

Veciños de Raxó deron a voz de alarma sobre "la utilidad que se le está dando a la playa de Xiorto" por parte de donos de cans que que acoden alí para pasear aos animais. "Esto es como una perrera, durante todo el día. Llegan desde las 7.00 horas y a partir de las 10.00 horas es todavía peor", asegura unha veciña do lugar, que denuncia tamén ruídos durante a noite. "Ni a la hora de la comida, ni por la noche, podemos abrir la ventana, todo son ladridos". Ademais, lamenta outro veciño, "os donos non recollen os excrementos dos cans, a praia está sucia e incluso nalgunhas zonas hai un cheiro moi desagradable".

Piden unha solución "ao Concello" sobre a problemática xurdida na zona que, ademais, concentra gran parte do turismo do municipio, e na que se atopan varios locais de hostelería, ante "a imposibilidade de poder descansar polos ruídos dos cans. Teñen a praia abarrotada. Curiosamente a uns metros hai outras que pertencen ao concello de Sanxenxo, pero todos veñen a esta, e é unha situación insostible", aseguran.

Segundo a normativa autonómica, os donos de animais poden facer uso das praias para pasealos sempre que vaian atados, fóra da tempada de verán. A non recollida dos excrementos pode ser obxecto de denuncia ante a Policía Local, coa conseguinte multa.

A veciñanza de Raxó aqueixa, ademais, problemas derivados do estado no que se atopan as rúas da zona. "No puedes ni ir a andar, porque te tropiezas en todos lados con los socavones. Solo se puede andar por el muelle, para las personas mayores es el único sitio al que pueden ir", denuncian. "Ahora pusieron badenes y los peatones no tienen donde meterse", explica a veciña que, reclama, "Raxó es una zona olvidada y el Concello y las instituciones tienen que hacer más por este lugar". 

Veciños de Raxó quéixanse da crecente presenza de cans na praia de...
Comentarios
ç