Veciños de Vilaboa e Protección Civil sofocan o lume nun tractor con guindastre

Só se rexistraron danos materiais no propio vehículo
El tractor calcinado en Santa Cristina de Cobres. PROTECCIÓN CIVIL
photo_camera El tractor calcinado en Santa Cristina de Cobres. PROTECCIÓN CIVIL

Efectivos de Protección Civil de Soutomaior e Vilaboa acudiron a primeira hora da mañá desde venres a Santa Cristina de Cobres ante o aviso do 112 polo suposto incendio nunha vivenda no barrio de Pardellas. Finalmente era un tractor que estaba aparcado na rúa o que ardía e os propios veciños das casas xa avanzaran moito nas tarefas de extinción empregando un extintor e mangueiras para conseguilo, de xeito que o lume non se extendeu pola contorna.

Protección Civil completou esta tarefa e refrescou axeitadamente todo o lugar. Só se rexistraron danos materiais no propio tractor, cuxo habitáculo e motor quedaron calcinados.