Vilaboa anuncia a suspensión da celebración do tradicional Entroido de Cobres pola covid

Levaba celebrándose ininterrumpidamente dende o século XVIII, agás en 1936 por mor do estalido da Guerra Civil
Entroido de Cobres 2020. GONZALO GARCÍA
photo_camera Entroido de Cobres 2020. GONZALO GARCÍA

A Asociación Cultural de Cobres e o Concello de Vilaboa, como entidade colaboradora, anunciaron este venres a suspensión do tradicional Entroido de Cobres por mor da situación provocada pola pandemia.

Esta celebración, que data do século XVIII no municipio, só se detivo durante a Guerra Civil en 1936. Asociación e Concello aseguraron que "gardamos toda a nosa enerxía e forza para traballar en que cando o volvamos celebrar, o fagamos ao grande". 

Comentarios