Vilaboa, contenta co novo médico e Soutomaior, en loita pola súa sanidade

O alcalde desexa que este reforzo sirva para evitar longas listas de espera 
A manifestación que percorreu o centro de Arcade o venres. D.O.
photo_camera A manifestación que percorreu o centro de Arcade o venres. D.O.

O Goberno local de Vilaboa acolle con satisfacción a noticia de que recibirá no seu centro de saúde un novo facultativo co que se consolidará a cuarta praza, ademais das horas de pediatra e das catro de Enfermería.

O alcalde, César Poza, valora a coordinación acadada coa xerencia da área sanitaria tras varias reunións. Poza desexa que este reforzo sirva para evitar longas listas de espera e outros problemas como a non substitución dos médicos en vacacións.

Precisamente por eivas dese tipo e polos altos cupos dos médicos se manifestaron o venres pola noite en Soutomaior unhas 500 persoas convocadas polo BNG. A deputada Montse Prado e o voceiro Manu Lourenzo encabezaron a comitiva que percorreu o centro de Arcade.

Comentarios