lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

Vilaboa dota cunha carpa ao centro de saúde para resgardar aos pacientes

A carpa situada na entrada do centro de saúde de Vilaboa. DP
A carpa situada na entrada do centro de saúde de Vilaboa. DP
O custe, que rolda os 400 euros mensuais, tivo que ser asumido polo Goberno local tras a negativa do Sergas

O Concello de Vilaboa instalou unha carpa de 40 metros cadrados na entrada do centro de saúde para facilitar aos usuarios unha protección ante a chuvia e o frío, dado que as esperas para realizar as consultas se fan, en parte, no exterior debido ao protocolo derivado da covid-19.

O Goberno local tivo en conta que a idade media dos usuarios que se achegan diariamente ao centro de saúde supera os 60 anos e corroborou cos e as usuarias que as esperas son longas nalgunhas xornadas, de xeito que se solicitou ao Sergas a instalación dalgún elemento de protección que paliase os efectos das baixas temperaturas do inverno.

Tal e como apunta o Goberno local, ao final tivo que asumirse esta instalación con fondos propios, dado que o Sergas rexeitou a petición. A carpa terá un coste para as arcas locais de 400 euros mensuais, un gasto imprevisto, tal e como sinala o equipo de César Poza, que se suma aos que xa ten afrontado o Concello para facer fronte ás necesidades novas que vai xerandoa pandemia.

"Era inhumano ver á xente facer cola á chuvia e ao frío mentras agardaba a súa quenda para que os vira o médico. Vilaboa non é o único Concello que tivo que tirar de fondos propios para solventar esta situación, pero canto máis pequeno é o municipio menos recursos ten e resulta incomprensible a insensibilidade do Sergas con este tema", afirma César Poza, o alcalde, que engade que "é absurdo que se tomen todas as precaucións posibles para non contaxiarse de Covid-19 e despois que o Sergas non protexa tamén aos mesmos pacientes de coller unha gripe". 

Vilaboa dota cunha carpa ao centro de saúde para resgardar aos...
Comentarios
ç