Vilaboa porá a punto a estrada da Lufiña, en Cobres, con fondos do Plan Marco

O Concello suma 42.700 euros á lista de investimentos que este ano se realizarán en viais do municipio
Asfaltado do vial de Lufiña, en Vilaboa. DP
photo_camera Asfaltado do vial de Lufiña, en Vilaboa. DP

O Concello de Vilaboa reasfaltará a estrada local que discurre pola Lufiña, en Santa Cristina, cun importe superior aos 42.700 euros.Trátase dun investimento do Plan Marco, co que se garante a mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a parcelas agrícolas.

A actuación de mellora consiste no tendido dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor así como unha pequena canalización de drenaxe para facilitar o paso das augas pluviais. Ademais, nun tramo do vial acometerase unha pequena ampliación incluindo no trazado un sobreancho ata a liña de peche existente.

A actuación inclúe tamén o mantemento, limpeza de firme e cunetas existentes para facilitar a drenaxe das augas pluviais e que o vial se manteña en óptimas condicións no inverno, xa que ten un considerable fluxo de tráfico ao dar acceso a unha boa cantidade de fincas de labradío.

O alcalde lembra que nun municipio tan grande e con núcleos tan dispersos resulta complexo para a administración local manter todas as estradas en bo estado


A actuación nesta pista completarse coa execución de lombos redutores de velocidade mediante mistura bituminosa en quente e pintado de marcas laterais de calzada, empregando pintura reflexiva e microesferas de vidro, así como marcaxe de letreiros para sinalización horizontal.
Tamén se colocarán sinais de tráfico verticais en poste galvanizado.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, lembra que esta mellora na rede viaria de Santa Cristina de Cobres virá a reforzar o importante esforzo inversor que o Concello está a facer este ano por adecuar a calidade da rede viaria municipal, dando prioridade a aquelas que conectan os principais núcleos de poboación pero sen esquecer as pistas secundarias que dan acceso a parcelas de explotación agraria.

Poza recoñece que nun municipio tan grande e con núcleos tan dispersos resulta complexo para a administración local manter todas as carreteras en óptimas condicións. "Pouco a pouco iremos actuando en todas, mellorando o firme e sobre todo implementando medidas de calmado do tráfico e de seguridade para os peóns", afirma o rexedor.

Comentarios